Últimas Novas das Escolas Deportivas

O espectáculo da II Milla Urbana Concello de Lourenzá abre o telón!!! 26 de Agosto !!! Todos a disfrutar!!! Abertas Inscricións!!!

Despois do espectáculo vivido o ano pasado coa nosa primeira edición, xa temos aquí a II Milla Urbana Popular Concello de Lourenzá que volverá a vestir as rúas de Lourenzá de deporte.

En plena temporada estival, o domingo 26 de Agosto durante toda a mañá sucederanse carreiras que enmarcan a todas as categorías (dende pitufos ata veteráns) para que todo o mundo poda participar e disfrutar!!!

A gran Xana Rodríguez, Campiona Galega de Montaña Junior en Lalín!!! Noraboa, grande!!! Seguimos!!!

O Maderas Barcia Lourenzá Mariña Luguesa renova o título autonómico en categoría junior nas carreiras de montaña logrado a temporada pasada por Carmen López Diniz. Este ano tomaba o relevo natural Xana Rguez. para impoñerse na cima do Trail de Vilatuxe nas cumes de Lalín.

Xana entraba en meta con un tempo de 2 horas e 23 minutos, sendo a primeira atleta xuvenil e 14ª atleta feminina en cruzar a línea de chegada.

Ainara Rodríguez, convocada pola Selección Galega para o Cto. de Seleccións Autonómicas de Avilés (16 e 17 de Xuño)!!!!

Ainara Rguez. acaba de ser chamada pola selección galega para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Avilés os vindeiros 16 e 17 xuño.

Ainara participará representando a Galicia nos 600 lisos e posiblemente tamén o fago nun relevo.

Ademáis desta cita nacional, Ainara presta tamén a atención en Castellón, onde estará tamén o 30 de xuño representándonos no Campionato de España.