Últimas Novas das Escolas Deportivas

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaron dunha nova Popular, A Caridá!!! Pódium para Xabi Sordo, Henar Méndez, Iria Rguez e Anxo Edrosa!!!

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaron dunha nova Popular, A Caridá!!! Pódium para Xabi Sordo, Henar Méndez, Iria Rguez e Anxo Edrosa!!!

O pasado domingo desprazábamonos á Caridad, onde disfrutamos dunha nova popular, moi ben organizada e con suculentos premios en trofeos!!!

Na proba prebenxamín, non competitiva participaron Pedro, Javi, Damián e Roi.

Pódiums:

Carmen López Diniz, Campiona Galega de carreiras de montaña 2017!!!

Carmen López Diniz, atleta do Maderas Barcia Lourenzá puxo colofón a unha gran temporada deportiva impoñéndose na última proba da Copa Galega Junior de Montaña.

A cita tivo lugar o pasado domingo en Ponteareas, no Trail Arcos 2017 cun percorrido de 16 kilómetros e un desnivel acumulado de 1050 metros.

Carmen invirtiu na proba un total de 2 horas e 58 minutos chegando ó cumio en 13ª posición feminina e 1ª clasificada junior.

Presentada oficialmente a sección de patinaxe das escolas do Concello de Lourenzá!!! Go!!! Seguimos medrando!!!

A sección de patinaxe segue medrando ano a ano. Hoxe tivo lugar a súa presentación e o seu primeiro adestramento.

O acto estivo presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que asumíu fai unhos días tamén a concellería de deportes así como por D. Pablo Maseda o noso presi das Escolas.

O grupo comenzou a traballar xa dende hoxe con un grupo de iniciación así como un grupo de avanzado que serán as que nos representen nos distintos campionatos ó longo da temporada.

Os prebenxamíns toman o protagonismo!!! Chatarras y Metales Jorge, novo patrocinador do clube. Adrián Huertas, director do proxecto!!!

Con moitos nervios presentáronse no día de onte os nosos prebenxamíns e pitufos, posto que moitos deles participan por 1ª vez nas nosas escolas.

Nun acto presidido polo noso Presidente Pablo Maseda e logo dunha breve charla coas familias, tivo lugar a foto oficial de comenzo da temporada así como a presentación de Adrián Huertas como novo adestrador.

Ademáis tivemos o pracer de contar con Jorge Rivas Dasilva que se une ó elenco de patrocinadores do clube.

Premios Concello de Lourenzá ó Deporte. 2016/2017. Gala de premiación

Coa presentación a cargo do periodista Anxo Rivas e coa actuación do artista Pablo Trasno, un dos referentes do Novo Circo Galego comenzou a Gala dos Premios do Concello de Lourenzá ó Deporte dos méritos dos deportistas da pasada temporada 2016/2017.

Estiveron presentes, entre outros. a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, así como os concelleiros Franciso Dasilva, Mercedes Dengra e Miguel Castrillón.