Últimas Novas das Escolas Deportivas

Xana Rguez. e Cristian Piñeiro conquistan a Picaraña en Ponteareas. Xana Campiona Galega Cadete de Montaña e Cristian subcampión!!! Grandes!!!

No día de onte 3 balas das Escolas presentábanse ó Campionato Galego de Montaña en categoría cadete na subida de 6 kilómetros ó monte da Picaraña en Ponteareas (Pontevedra).

A saída tiña lugar no Pavillón Álvaro Pino e dende alí percorrían 6 kilómetros de ascensión ata chegar ó alto da Picaraña (350 metros).

Xana Rguez. exhibía o seu potencial na categoría feminina proclamándose campiona galega da especialidade da que xa leva tres temporadas adestrando asiduamente.

A sección de Atletismo, en múltiples frentes con resultados extraordinarios unha vez máis

A sección feminina das Balas de atletismo conquistou a popular de Monforte!!! Triunfo de Manu Rguez. en Asturias (Arenas de Cabrales). Estivemos na Camovi con Carmen e Xana e Aleix, Ainara e Ana no control cadete en Asturias!!!

Monforte Popular:

Pleno total do equipo desprazado a Monforte o pasado domingo.

Título en categoría alevín feminina para Iria Rguez., Título en categoría infantil para Mariña Salvatierra e subcampionato para súa irmá Uxía e título, un máis para Ainara Rguez. en cadete feminino!!!

Arenas de Cabrales: