Últimas Novas das Escolas Deportivas

OS TICKETS PARA A GRAN CEA DE CLAUSURA DA XXI EDICIÓN DAS ESCOLAS, Á VOSA DISPOSICIÓN !!!

Xa temos á vosa disposición os tickets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro sábado 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.

Os nen@s estarán invitados(os tickets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tickets de adulto terán un precio simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o Xoves 25 de maio.

Cruces de semifinal de f. sala prebenxamín

PABELLON PALOMAR sábado 13-5-2017

09,00 Horas.— LUMIEIRA-LUGO SALA C inf

10,00 horas.— LUGO SALA 3 –ROSALIA ben 3

11,00 horas .— LUMIEIRA –MEIGALLOS ben 3

12,00horas .— CIDADE LUGO –MEIGALLOS alev 3

13,00 horas.—

 

POLIDEPORTIVO TERRA (DOMINGO 14 MAYO)

16,00 horas .— LUGO 2.OO9-LUGO SALA PREBENJAMIN SEMIF

16,50 horas.— MADERAS BARCIA-BEGONTE PREBENJAMIN SEMIF

Os prebenxamíns de F. Sala Maderas Barcia Lourenzá, de moda

Os Prebenxamíns ganan os cuartos de final provincial a Meigallos Sarria(4/1 con goles de Iago García 2, Nahuel e Sergio) e xa están entre os 4 mellores da provincia. Noraboa!!!

O pasado domingo nun encontro disputado ás 16 horas en Frigsa vencían nos cuartos de final o equipo prebenxamín Maderas Barcia Lourenzá por 4 a 1 ó Meigallos de Sarria. Na semifinal que terá lugar este vindeiro fin de semana espera todo un rival de entidade, o Cd Lugo.

Xana Rguez. e Cristian Piñeiro conquistan a Picaraña en Ponteareas. Xana Campiona Galega Cadete de Montaña e Cristian subcampión!!! Grandes!!!

No día de onte 3 balas das Escolas presentábanse ó Campionato Galego de Montaña en categoría cadete na subida de 6 kilómetros ó monte da Picaraña en Ponteareas (Pontevedra).

A saída tiña lugar no Pavillón Álvaro Pino e dende alí percorrían 6 kilómetros de ascensión ata chegar ó alto da Picaraña (350 metros).

Xana Rguez. exhibía o seu potencial na categoría feminina proclamándose campiona galega da especialidade da que xa leva tres temporadas adestrando asiduamente.