Últimas Novas das Escolas Deportivas

Presentada oficialmente a sección de patinaxe das escolas do Concello de Lourenzá!!! Go!!! Seguimos medrando!!!

A sección de patinaxe segue medrando ano a ano. Hoxe tivo lugar a súa presentación e o seu primeiro adestramento.

O acto estivo presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que asumíu fai unhos días tamén a concellería de deportes así como por D. Pablo Maseda o noso presi das Escolas.

O grupo comenzou a traballar xa dende hoxe con un grupo de iniciación así como un grupo de avanzado que serán as que nos representen nos distintos campionatos ó longo da temporada.

Os prebenxamíns toman o protagonismo!!! Chatarras y Metales Jorge, novo patrocinador do clube. Adrián Huertas, director do proxecto!!!

Con moitos nervios presentáronse no día de onte os nosos prebenxamíns e pitufos, posto que moitos deles participan por 1ª vez nas nosas escolas.

Nun acto presidido polo noso Presidente Pablo Maseda e logo dunha breve charla coas familias, tivo lugar a foto oficial de comenzo da temporada así como a presentación de Adrián Huertas como novo adestrador.

Ademáis tivemos o pracer de contar con Jorge Rivas Dasilva que se une ó elenco de patrocinadores do clube.

Premios Concello de Lourenzá ó Deporte. 2016/2017. Gala de premiación

Coa presentación a cargo do periodista Anxo Rivas e coa actuación do artista Pablo Trasno, un dos referentes do Novo Circo Galego comenzou a Gala dos Premios do Concello de Lourenzá ó Deporte dos méritos dos deportistas da pasada temporada 2016/2017.

Estiveron presentes, entre outros. a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, así como os concelleiros Franciso Dasilva, Mercedes Dengra e Miguel Castrillón.

A VIII Edición da Val das Fabas 2017, LANZADA!!! Presentación OFICIAL!!!

Coa presencia da nosa alcaldesa Dª. Rocío López, do noso presidente D. Pablo Maseda, do Concelleiro de deportes D. Francisco Dasilva, da deputada provincial Dª. Mayra García, e do representante da Cooperativa Terras da Mariña Lourenzá, José Cuadrado; presentouse no día de onte no consistorio laurentino a VIII edición da nosa popular Val das Fabas 2017!!!

Lembrade que as inscripcións estarán abertas ata o vindeiro martes día 26 de setembro. Agora mesmo estamos nos 200 participantes!!! Go!!!