Últimas Novas das Escolas Deportivas

Trofeazo na carreira absoluta de Friol para as nosas guerreiras Cadetes con un 3º posto por equipos (Ana, Mariña, Uxía, Carme e Marta)!!! Ademáis, títulos individuais para Manu Rguez. en infantil e Hugo López en alevín máis un bronce para Henar !!!

Nova actuación sorprendente nunha proba a de Friol onde sempre somos moi ben tratados e onde disfrutamos o pasado domingo dun excelente día de competición.

Alevín:

Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.

Infantil:

Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.

Absoluta:

Duatlon: "O Debut en Provincial Soñado". Henar e Ian Méndez, Campións Provinciais benxamín e alevín!!! Maderas Naciente, novo patrocinador da sección!!!

Debutou con éxito absoluto a sección de duatlon das Escolas nun Campionato Provincial con dous títulos.

Na categoría benxamín, Henar Méndez impoñíase na proba coa súa compañeira Emma García alcanzando a 4ª posición a moi poucos segundos do podium e despois de remontar logo dunha caída.

En alevín masculino, Ian Méndez gañaba con moita suficiencia a proba sendo o seu compañeiro David Martínez 10º clasificado.

2 Títulos autonómicos e un subcampionato. !!! Increíbles resultados do Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Galego de Milla en Ruta. Santiago de Compostela

Outra xesta para enmarcar:

Cadete Feminino:

1- Ainara Rguez. 3,22

14- Ana Vallines. 3,38

22- Mariña Salvatierra. 3,44

24- Uxía Salvatierra. 3,45

29- Carme Alonso. 3,53

38- Marta Alonso. 4,06

 

Infantil Masculino:

2- Manuel Rguez. 3,16

16- Ian Méndez. 3,42

36- Fernando Vallines- 4,09

 

Alevín Feminino:

1ª- Iria Rguez. 3,43

16- Henar Méndez. 4,09

 

Benxamin Feminino

9ª- Angela Rguez. 4,21

 

Todos os resultados: