Últimas Novas das Escolas Deportivas

Nerea Bajatierra, BRONCE GALEGO XUVENIL + ÉXITO NO PROVINCIAL DE MENORES DE PISTA CUBERTA BX, AV E INFANTIL DAS ESCOLAS CON 16 METAIS

GALEGO XUVENIL

Desprazabanse ó final 3 atletas ó Galego xuvenil o pasado sábado a Riazor coa baixa de última hora de Luís López por lesión.

Nerea Bajatierra lograba adxudicarse a medalla de bronce en Lanzamento de Peso 3 kg cun mellor lanzamento de 10,53; só superada pola campiona Mar Pérez(Celta de Vigo) 11,99 e a segunda clasificada Andrea Glez. (C.A. Santiago) con 10,56.

Ainara e Iria Rguez. conquistan Padrón na súa XVI Popular

Non hai carreira que se lles resista. O pasado sábado as atletas do Maderas Barcia viaxaban á prestixiosa popular de Padrón onde impoñían a súa lei na categoría benxamín Iria e na infantil Ainara; nunha carreira onde participaron máis de 1500 atletas.

En Infantil Feminino Ainara Rguez. gañaba por diante dunha das sensacións da temporada pasada Deki Mato do Millaraio de Santiago e de Noelia Castro tamén do Millaraio.

O EQUIPO XUVENIL DE RELEVOS, SUBCAMPIÓN GALEGO DE CROS EN RIBADAVIA!!!

De noraboa están os 4 xuvenís do Maderas Barcia Lourenzá que participaron o pasado sábado en Ribadavia no I Campionato Galego Xuvenil de Relevos en Ribadavia(Ourense). Os 4 compoñentes farían cada un percorrido de 2 kilómetros para completar un total de 8. Relevo 1: PABLO IRIMIA REGA ‐ Relevo 2: CARMEN LÓPEZ DINIZ ‐ Relevo 3: LUÍS LÓPEZ PÉREZ ‐ Relevo 4: XANA RGUEZ. GARCÍA; invirtindo un total de 33 minutos e 15 segundos, a 3 do gañador Val Miñor con 30:16. NORABOA!!!