Últimas Novas das Escolas Deportivas

As Balas Benxamín e Infantil Feminino destacaron na Final Galega de Pista Cuberta da Liga Federada

Codearonse os equipos benxamín e infantil feminino coa élite de Galicia o pasado sábado en Riazor.

En Benxamín Feminino (Emma García, Noemí Huertas, Iria Rguez, Noa Valiña, Henar Méndez e Aroa Glez) a actuación laurentina foi a seguinte:

50 lisos: Emma 12ª con 10,83. Noemí 4ª con 9,45.

500 lisos: Henar 7ª con 1,57 e Aroa 2ª con 1,53.

1000 lisos: Iria 1ª con 3,58. Noa 6ª con 4,29.

5 Atletas das Escolas conseguen marca para o Cto. Galego Cadete e Xuvenil de Pista Cuberta!!!

O pasado sábado desprazaronse a Lugo varios atletas en edade cadete e xuvenil no 1º Control de Marcas disputado no Módulo Cuberto de Lugo.

Genito Pérez participaba nos 60 lisos(8,20 e 2º de serie) e no salto de altura(1,54), 3º clasificado e marca para o cto. galego.

Nerea Bajatierra facía un gran lanzamento en peso (10,02) sendo a segunda mellor marca do ano en Galicia no ránking 2015/2016 e obviamente marca para o galego.