Últimas Novas das Escolas Deportivas

Val das Fabas Toxiza Clube de Montaña

Unha vez máis a manada dos lobos da Toxiza baixaron para atacar a unha das súas presas favoritas, os km. Foi unha tarde de deporte apaixoante con numeros nen@s e adultos percorrendo rúas e camiños de Lourenzá. O percorrido moi bonito tocando tramos de moita beleza e con unha "subidiña" que lle dá o toque de dureza que nos gusta que teñan as carreiras. Dar a noraboa as E.D Lourenzá pola organización e animalos a seguir nesta dirección. Todos os nosos corredores acadaron grandes resultados:

Verdina 6.500m:

Éxito total de participación na VI Val das Fabas 2015!!!

Con preto de 400 participantes inscritos a Val das Fabas 2015 batirá mañá records de participación. A VI edición non pasará desapercibida. A carreiras de menores arrancan ás 16:30 horas e ás 17:30 horas pistoletazo de saída para a Verdina(6,500) e a Galaica(13 kilómetros)

 

Ademáis, a proba contará cos 5 campións das edicións anteriores:

Todos os campións dos anos anteriores estarán na VI Val das Fabas 2015!!! Qué carreirón!!!

Cambio partido de Nacional a Lugo

Debido a que o pavillón de Lourenzá non está dispoñible pola instalación do parquet flotante o partido de Nacional trasládase a Lugo (anexo II) no mismo horario. 12,00 horas. (((Bueno, o parquet está pero terá que levar dúas mans de barniz polo que hai que esperar unha semana máis para poder xogar nel)

O encontro de autonómica de fútbol atrásase para as 18:00 horas do domingo, disputando o trofeo da faba.