Últimas Novas das Escolas Deportivas

Henar Méndez (Benxamín) e Ainara Rguez(Alevín) ganan a prestixiosa VIESGO NIGHT RACE en Lugo. Sheila López sube ó podium cun bronce en Benxamín Feminino!!!

Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado en Lugo diante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.

Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.

En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.

Crónica junior SARRIA 38, TERRAS DA MARIÑA 40

PARCIAIS POR PERÍODO:

Periodo 1- 09 08

Periodo 2- 10 10

Periodo 3- 08 08

Periodo 4- 11 14

Resultado final: 38 - 40

Moi igualado durante todo o partido.

Primeira victoria a domicilio nunha pista complicada basada na defensa.

Toxiza Clube de Montaña (Maraton New York)

Certo é que as cidadades non son habitat natural do TCM, pero ta claro que nas grandes urbes tamen hai espazo para os grandes retos, cambiamos as altas cumbres polas ruas entre os grandes edificios, conquistamos a cidade dos rañaceos. Miguel Mendez representou este pasado domingo o Toxiza no maratón de Nova York donde participan por sorteo máis de 50.000 persoas