Últimas Novas das Escolas Deportivas

As E.D. Lourenzá representadas polo Gran Manu Rguez. no Mont Blanc!!!

A sección do Maderas Barcia Lourenzá chegou ós Alpes. O gran Manu Rguez. estivo presente no día de onte en Chamonix Mont Blanc (Alpes) onde participou nunha proba de gran dureza para escolares rematando entre os 15 primeiros de case preto de 400 participantes.

Ademáis, o seu pai, o atleta Xan do Canelo que corre como Independiente, enfrentouse á TDS do Ultra Trail du Mont Blanc; de 119 kilómetros, rematando de 13º da súa categoría (66 da xeral) con un tempo de 20 horas e 25 minutos. QUÉ GRANDES!!!

Ullrich, entre os 10 primeiros do Cto. Galego Contrareloxio!!!

Onte Domingo no Hipódromo de Sandías en Ourense tivo lugar a Contrareloxio Individual do Cto. Galego de Ciclismo, na que estivemos representados por José Antonio González Basanta "Ullrich", que rexistrou un tempo de 19 minutos e trece segundos (a minuto e medio do vencedor) e obtendo o 9º posto da Clasificación Xeral. Grande!!!!

Choiva de Trofeos para o Maderas Barcia Lourenzá na I Popular S. Ramón de Vilalba!!!

RESULTADOS CON PÓDIUM

PREBENXAMÍN FEMININO:

1.- IRIA RGUEZ.

3.- HENAR MÉNDEZ.

BENXAMÍN FEMININO:

2.- DIANA LASTRA

BENXAMÍN MASCULINO:

2.- IAN MÉNDEZ INFANTIL

FEMININO:

1.- AINARA RGUEZ.

2.- CLAUDIA GRAÑA.

 

Ademáis estivo a sección de adultos representada na proba por Loli Piñeiro, Marcos Rguez, Marisa Ares, Juan Méndez, Pachicho, Karina Álvarez, Miguel Lastra e Francisco Álvarez.