Últimas Novas das Escolas Deportivas

UN ESPECTACULAR ÁLEX VILLALBA NA RUNFOZRUN PARA O ATLETISMO LOURENZÁ

Pese a ser unha carreira con un alto nivel deportivo pola participación de atletas moi destacados como OSCAR BUJÁN, MIGUEL GONZÁLEZ MARGARIDE, NOEL GARCÍA, DELIO VAL,.........(entre outros) os nosos compañeiros estiveron ó nivel e acadaron mois bos tempos; algún incluso entrando en meta con pouco tempo de diferencia respecto ós primeiros como fixo o sempre espectacular ALEX VILLALBA.

OSCAR BUJÁN, FICHAXE ESTRELA DO ATLETISMO LOURENZÁ PARA ESTA PRÓXIMA TEMPADA 2015-2016

A concreción dunha gran fichaxe para a tempada 2015-2016.

Durante a carreira de hoxe en Foz, Oscar Buján (subcampión mundial de duathlon) comprometeuse a correr coa nosa camiseta. Todo un éxito para un club, que malia a súa xuventude e filosofía optou por dar un salto de calidade. É unha honra para nós compartir un equipo cun corredor do seu talle que defende as cores da selección española, e profesionalmente compite na liga francesa desta especialidade.

"A Verdina" e "A Galaica" PROTAGONIZAN A VI VAL DAS FABAS 2015

Faltan 54 días para que volva a ver a Luz unha das Carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será  o 3 de Outubro de 2015. Sábado.  Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira"

Ésta é a principal novedade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.

AS BALAS DAS ESCOLAS, PRESENTADAS OFICIALMENTE. MADERAS BARCIA RENOVA O PATROCINIO PARA A TEMPORADA 2015 2016.

Onte martes 11 de agosto presentouse a armada de atletismo no Municipal de Sta. Cruz. Estiveron presentes Francisco Rivas (Concelleiro de Deportes) e Pablo Maseda (Presidente das Escolas); así como os adestradores e colaboradores para esta nova temporada e que xa estiveron na fructífera temporada pasada: Rubén García, Martín Pardiñas e Ismael Vallines. Rubén e Martín encargaranse das disciplinas de carreiras e saltos mentres que Ismael centrarase no sector de lanzamentos.