Últimas Novas das Escolas Deportivas

Carme Alonso vence na Popular de Xermade. Marta, bronce tamén en infantil feminino. Ademáis, Adriana Rebolo, subcampiona de O Corgo!!!

De novo os atletas do Maderas Barcia Lourenzá estiveron omnipresentes nas dúas populares que se disputaban na provincia de Lugo: o sábado en Xermade e o domingo en O Corgo.

Xermade:

Título para Carme Alonso en infantil feminino con un tempo de 3,24; mentres que súa irmá Marta tamén entraba no pódium como 3ª clasificada.

En alevín Noa Valiña era 4ª e a súa compañeira Loudes García 6ª.

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá toman o Monte Comado. Títulos para Noa Valiña, Manu Rguez. e Ana Vallines. Ademáis, pódiums de Henar Méndez, Ian Méndez e Lourdes García

Ademáis participamos na prebenxamín (non competitiva) con un montón de balas: Roi, Samuel, Javi, Pedro e Sara.

Alevín Masculino: 3 - Ian Méndez.

Alevín Feminino: 1 - Noa Valiña, 2- Henar Méndez. 3 - Lourdes García.

Infantil Masculino: 1- Manu Rguez.

Infantil Feminino: 1- Ana Vallines

Na proba absoluta participamos coa gran Xana Rodríguez, rematando a pesar de pasar por problemas físicos nunha meritoria 5ª praza feminina.

Ademáis nas probas competitivas rendiron a gran nivel preto do pódium Anxo Edrosa, Samu Debasa, Xabi Sordo e Carlos Docampo.

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaron dunha nova Popular, A Caridá!!! Pódium para Xabi Sordo, Henar Méndez, Iria Rguez e Anxo Edrosa!!!

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaron dunha nova Popular, A Caridá!!! Pódium para Xabi Sordo, Henar Méndez, Iria Rguez e Anxo Edrosa!!!

O pasado domingo desprazábamonos á Caridad, onde disfrutamos dunha nova popular, moi ben organizada e con suculentos premios en trofeos!!!

Na proba prebenxamín, non competitiva participaron Pedro, Javi, Damián e Roi.

Pódiums:

Carmen López Diniz, Campiona Galega de carreiras de montaña 2017!!!

Carmen López Diniz, atleta do Maderas Barcia Lourenzá puxo colofón a unha gran temporada deportiva impoñéndose na última proba da Copa Galega Junior de Montaña.

A cita tivo lugar o pasado domingo en Ponteareas, no Trail Arcos 2017 cun percorrido de 16 kilómetros e un desnivel acumulado de 1050 metros.

Carmen invirtiu na proba un total de 2 horas e 58 minutos chegando ó cumio en 13ª posición feminina e 1ª clasificada junior.

Presentada oficialmente a sección de patinaxe das escolas do Concello de Lourenzá!!! Go!!! Seguimos medrando!!!

A sección de patinaxe segue medrando ano a ano. Hoxe tivo lugar a súa presentación e o seu primeiro adestramento.

O acto estivo presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que asumíu fai unhos días tamén a concellería de deportes así como por D. Pablo Maseda o noso presi das Escolas.

O grupo comenzou a traballar xa dende hoxe con un grupo de iniciación así como un grupo de avanzado que serán as que nos representen nos distintos campionatos ó longo da temporada.