Últimas Novas das Escolas Deportivas

Os prebenxamíns toman o protagonismo!!! Chatarras y Metales Jorge, novo patrocinador do clube. Adrián Huertas, director do proxecto!!!

Con moitos nervios presentáronse no día de onte os nosos prebenxamíns e pitufos, posto que moitos deles participan por 1ª vez nas nosas escolas.

Nun acto presidido polo noso Presidente Pablo Maseda e logo dunha breve charla coas familias, tivo lugar a foto oficial de comenzo da temporada así como a presentación de Adrián Huertas como novo adestrador.

Ademáis tivemos o pracer de contar con Jorge Rivas Dasilva que se une ó elenco de patrocinadores do clube.

Premios Concello de Lourenzá ó Deporte. 2016/2017. Gala de premiación

Coa presentación a cargo do periodista Anxo Rivas e coa actuación do artista Pablo Trasno, un dos referentes do Novo Circo Galego comenzou a Gala dos Premios do Concello de Lourenzá ó Deporte dos méritos dos deportistas da pasada temporada 2016/2017.

Estiveron presentes, entre outros. a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, así como os concelleiros Franciso Dasilva, Mercedes Dengra e Miguel Castrillón.

A VIII Edición da Val das Fabas 2017, LANZADA!!! Presentación OFICIAL!!!

Coa presencia da nosa alcaldesa Dª. Rocío López, do noso presidente D. Pablo Maseda, do Concelleiro de deportes D. Francisco Dasilva, da deputada provincial Dª. Mayra García, e do representante da Cooperativa Terras da Mariña Lourenzá, José Cuadrado; presentouse no día de onte no consistorio laurentino a VIII edición da nosa popular Val das Fabas 2017!!!

Lembrade que as inscripcións estarán abertas ata o vindeiro martes día 26 de setembro. Agora mesmo estamos nos 200 participantes!!! Go!!!

O Maderas Barcia Lourenzá asalta a Praza Conde Santo. A sección de atletismo e duatlon presentada oficialmente!!! Olga Vicente e Juan Luís Méndez incorpóranse ó corpo técnico!!!

As balas invadiron literalmente o Cantón no día de onte. Acostumados a discorrer a velocidade de vértigo, onte fixeron unha parada para fotografiarse co principal patrocinador Maderas Barcia.

Estiveron presentes presidindo o acto a nosa alcaldesa Dª. Rocío López e o noso presi D. Pablo Maseda así como Javier Barcia, patrocinador da sección.