Últimas Novas das Escolas Deportivas

Fin de Semana das Balas do Maderas Barcia Lourenzá

Exitosa e Numerosa participación das Balas do Maderas Barcia Lourenzá na II Popular ao son do Masma (Celeiro/Barreiros). Títulos para Henar Méndez, Carlos Docampo, Ian Méndez, Iria Otero, Ana Vallines e Pablo Irimia. Sucampionatos para Noa Valiña, Hugo López, Marta Alonso, Fer Vallines e Anxo Edrosa.

Ademáis nas categorías non competitivas de prebenxamíns e pitufos representáronnos lucindo un gran estado de forma:

Pedro,Carlota,Sara Otero, Manuela,Luís Berdeal,Unai, Lucas, Javi, Leo,Roi,Ángela, Alex, Damián,Daniela e Lidia.

Varios asuntazos de Atletismo!!! Maderas Barcia Lourenzá!!!

O gran Alberto Contador, testido de excepción no triunfo das balas na Viesgo Night Race Lugo 2017: Sara Otero campiona feminina, Ángela Rguez. subcampiona e Manu Rguez. título masculino!!!

Nova exhibición dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá e nesta ocasión nunha proba de prestixio ante centos de atletas.

Na categoría feminina para menores de 8 anos, triunfo para Sara Otero seguida pola tamén bala Ángela Rguez. E xa na categoría masculina para menores de 13 anos, exhibición de Manu Rguez. que se impoñía con solvencia na línea de meta.

As balas do Maderas Barcia Lourenzá acaparan títulos na popular de Viveiro: Noa Valiña campiona alevín, Carlos Docampo campión benxamín, Iria Otero campiona infantil e Ana Vallines campiona cadete. Ademáis Pedro Moirón subcampión prebenxamín e Anxo Edrosa

Resultados con pódium:

Prebenxamín: 2 - Pedro Moirón

Benxamín: 1 - Carlos Docampo

Alevín: 1 - Noa Valiña

Infantil: 1 - Iria Otero

Cadete Feminino: 1- Ana Vallines

Cadete Masculino: 2 - Anxo Edrosa

Competiron a un gran nivel Henar Méndez, Lourdes García, Iago Longarela, Fer Vallines, Roi De La Plaza, Javi Ferreiro, Damián Edrosa e Alex Longarela

Nerea Lombardero, xogadora do equipo infantil Talleres Cardi, disfrutou coa Selección Provincial onte en Cambados

Nerea Lombardero, única mariñana da selección provincal sub-15; disputou no día de onte con Lugo dous encontros de seleccións autonómicas.

No primeiro encontro perderon con Ourense 2-1 e no segundo con Ferrol 1-0. A nosa xogadora estivo como ben sendo habitual entre as máis destacadas da selección e seguro que volverá a estar na vindeira chamada.

Noraboa, Nerea!!!

 

Carme Alonso vence na Popular de Xermade. Marta, bronce tamén en infantil feminino. Ademáis, Adriana Rebolo, subcampiona de O Corgo!!!

De novo os atletas do Maderas Barcia Lourenzá estiveron omnipresentes nas dúas populares que se disputaban na provincia de Lugo: o sábado en Xermade e o domingo en O Corgo.

Xermade:

Título para Carme Alonso en infantil feminino con un tempo de 3,24; mentres que súa irmá Marta tamén entraba no pódium como 3ª clasificada.

En alevín Noa Valiña era 4ª e a súa compañeira Loudes García 6ª.