Novas

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLEU UNHA CONFERENCIA SOBRE NUTRICIÓN DEPORTIVA A CARGO DA CAMPIOA DO MUNDO DE ATLETISMO CAROLINA GARCÍA

O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da atleta Carolina García, que foi campioa do mundo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva.

No acto, que foi presidido polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, a atleta fixo un breve percorrido pola súa traxectoria como deportista e salientou a importancia que ten unha boa alimentación sobre todo para a xente que practica algún deporte.

A CONCELLERÍA DE CULTURA PROGRAMA UNHA ACTUACIÓN DO CANTAUTOR MANOELE DE FELISA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO ESTE XOVES, DÍA 20

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.

A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.