Novas

CONSTITUÍDA A MESA DON PACO PARA COORDINAR TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE ORGANICEN DESDE LOURENZÁ PARA HOMENAXEAR A DEL RIEGO NO ANO 2023

Este mércores, día 21, tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá unha reunión da Mesa Coordinadora Don Paco. Este grupo de traballo ten como obxectivo principal coordinar, canalizar e promover todos os actos e actividades que dende Lourenzá se fagan para homenaxear a figura de Francisco Fernández del Riego, Fillo Predilecto do Concello, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o próximo ano 2023. A súa finalidade é ser a entidade de referencia na promoción dos actos que dende Lourenzá se organicen.