Novas

PRESENTADO O CARTEL DA XXX FESTA DA FABA, QUE SE CELEBRARÁ DO 30 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO

Lourenzá, 7 de setembro de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.

Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.

REMATOU A REFORMA DA NAVE DO RECINTO FEIRAL PARA A CONSTRUCIÓN DUN LOCAL MULTIUSOS, QUE SERÁ INAUGURADO ESTE SÁBADO, DÍA 10

Lourenzá, 5 de setembro de 2022. Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.

A ALCALDESA DI QUE HOXE É UN DÍA DE FELICIDADE PARA TODA A VECIÑANZA DE LOURENZÁ PORQUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2023 ESTARÁ DEDICADO A FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Lourenzá, 9 de xullo de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, manifestou que “hoxe é un día de felicidade e de orgullo para todos os laurentinos e laurentinas porque vimos de recibir a marabillosa noticia de que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas do próximo ano 2023 a Francisco Fernández del Riego. Levamos loitando por isto moito anos”.

A ALCALDESA OFRECE MAÑÁ, SÁBADO, UNHA RECEPCIÓN AOS AVENTUREIROS QUE FORON DESDE LOURENZÁ A NORUEGA EN VEHÍCULOS CLÁSICOS.

Lourenzá, 8 de xullo de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.