Novas

NA FESTA CAMPESIÑA HABERÁ FEIRA DE ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN, VEHÍCULOS CLÁSICOS, EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA, OBRADOIROS, ACTUACIÓNS MUSICAIS, XANTAR, ACTIVIDADES INFANTÍS, QUEIMADA, PREMIOS PARA AS MELLORES CARACTERIZACIÓNS E TAPAS DE PORCO

O programa de actividades da III Festa Campesiña de Lourenzá, que se celebrará no Campo dos Bolos de Vilanova, comeza este sábado, día 18, ás oito e media da tarde coa actuación da Rondalla Trovadores de Ares. E o domingo 19 haberá feira de artesanía e alimentación, mostra de vehículos clásicos, exposición de razas autóctonas de Galicia, obradoiros, actuacións musicais, xantar, actividades infantís, queimada, premios para as mellores caracterizacións e tapas de porco celta.