Novas

FOLGUEIRA, MARCOS, CARMEN, AINARA, AYOUB, BRAIS E HENAR VENCEN NA SOLIDARIA DE XOVE COM MÚLTIPLES PÓDIUMS MÁIS(18)!!!

Manuel Folgueira impúxose na carreira solidaria de Xove con un tempo de 15´30´´ sobre un percorrido de 4,400. O que fora no seu dia subcampión galego cadete de campo a través volve a estar en forma e seguro que lle seguirá deparando grandes momentos á família do atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo.

Ademáis, enumeramos a continuación o resto de resultados destacados:

- Veterano Masculino:

• Marcos Rodríguez. Campión

O CONCELLO LEMBRARÁ ESTE SÁBADO, 2 DE NOVEMBRO, O NOMEAMENTO DE FERNÁNDEZ DEL RIEGO COMO FILLO PREDILECTO COA INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN E UNHA CHARLA COLOQUIO. NA XORNADA PARTICIPARÁ O CONSELLEIRO DE CULTURA, JESÚS VÁZQUEZ

Lourenzá, 29 de outubro de 2013. Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 2 de novembro, dous actos para lembrar o nomeamento de Francisco Fernández del Riego como fillo predilecto do concello. Na xornada, á que asistirá o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, inaugurarase unha exposición e haberá unha charla coloquio sobre o escritor laurentino.

ESCOLARES DE PRIMARIA RECIBIRON MARCAPÁXINAS E CARTEIS ELABORADOS COS DEBUXOS SELECCIONADOS NO CONCURSO A PROL DA LINGUA GALEGA ORGANIZADO POLA MANCOMUNIDADE DA MARIÑA. A AUTORA DO DEBUXO ELIXIDO EN LOURENZÁ FOI UNHA NENA DE 6 ANOS

Lourenzá, 28 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao; o responsable de actividades do Concello, David Caballero; e a técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, Mari Luz Pérez, entregaron a escolares de Primaria do municipio marcapáxinas e carteis elaborados cos debuxos seleccionados no concurso a prol da lingua galega.