Novas

EMPEZOU O X CURSO DO TALLER DE MEMORIA CON 48 ALUMNOS DE IDADES ENTRE 63 E 87 ANOS. REALIZARÁN DIVERSAS ACTIVIDADES, ENTRE ELAS UNHA EXCURSIÓN A UN BALNEARIO O 19 DE NOVEMBRO, NA QUE PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS VECIÑOS DO CONCELLO MAIORES DE SESENTA ANOS

Lourenzá, 24 de outubro de 2013. Esta semana empezou o décimo curso do taller de memoria do Concello de Lourenzá, que conta con 48 alumnos de idades comprendidas entre 63 e 87 anos. Realizarán diversas actividades ao longo dos vindeiros meses, entre elas unha excursión a un balneario o 19 de novembro, na que poderán participar todo os veciños do concello maiores de 60 anos e o prazo de inscrición xa está aberto.

NA IV EDICIÓN DA POPULAR DO CORGO DISPUTADA ESTE PASADO DOMINGO 20 OS RAPACES DAS ESCOLAS VOLVERON A SER PROTAGONISTAS

Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademáis, Iria Rguez. subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.

O CONCELLO DE LOURENZÁ OFRÉCESE A TRAMITAR AS ALEGACIÓNS DOS VECIÑOS Á DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO

O Concello de Lourenzá ofrécese a tramitar as alegacións dos veciños á delimitación do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, que está en período de exposición ao público. Este asunto abordouse na charla celebrada na tarde noite de onte na Casa do Concello, acto que suscitou moito interese e congregou a numeroso público. Así o destacou hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.