Novas

A ALCALDESA AFIRMA QUE A 23ª EDICIÓN DA FESTA DA FABA CUMPRIU O OBXECTIVO DE PROMOVER ESTE PRODUTO E O CONCELLO. NAS DEGUSTACIÓNS VENDÉRONSE 1.160 RACIÓNS E NOS MERCADOS COMERCIALIZÁRONSE MÁIS DE 6.000 QUILOS DE FABAS

Lourenzá, 7 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo esta mañá balance da 23ª edición da Festa da Faba e afirmou que se cumpriu o obxectivo de promover este produto e o concello. Destacou que nas degustacións vendéronse 1.160 racións e nos mercados comercializáronse máis de 6.000 quilos de fabas.

CLAUSURA IV CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS 2013

Estiveron presentes,

- Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)

- D. Francisco Hermida (Padriño da proba, ano 54 campión galego absoluto de 3000 m.l. e 7º no cto. De España de Rurales

- D. Pablo Maseda. Concelleiro de Deportes e Presidente das Ed Lourenzá.

- D. Rafael Cabaleiro Cajoto, de Panadería Heli.

- D. Pablo Gandoy, delegado lucense da Federación Galega de Atletismo

O RESTAURANTE LA UNIÓN CO ANTOXO DO APÓSTOLO GAÑOU O CONCURSO DA RUTA DE TAPAS DA FESTA DA FABA. O SEGUNDO PREMIO É PARA O CAFÉ BAR CANTÓN CON FABAS Á CANTONADA E O TERCEIRO LOGROUNO O BAR AIRIÑOS DO CASTRO CON FABAS DA AVOA

Lourenzá, 4 de outubro de 2013. O restaurante La Unión foi gañador do concurso da ruta de tapas da Festa da Faba de Lourenzá coa denominada Antoxo do Apóstolo. O segundo premio é para o Café Bar Cantón con Fabas á cantonada e o terceiro logrouno o Bar Airiños do Castro con Fabas da avoa. Este foi o fallo do xurado que se reuniu na tarde de hoxe no Centro de Interpretación da Faba para probar as 20 tapas presentadas polos 8 establecementos participantes.