Novas

A ALCALDESA ACEPTA A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA A FESTA DA FABA DESPOIS DAS CONVERSAS MANTIDAS NAS ÚLTIMAS HORAS CO DEPUTADO ÁLVARO SANTOS

Lourenzá, 20 de setembro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, aceptou a colaboración ofrecida pola Deputación de Lugo, que non inclúe achega económica, para a vindeira edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro. A rexedora tomou esta decisión despois das conversas telefónicas que mantivo nas últimas horas co deputado delegado da Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos. Pero Emma Álvarez mantén que as axudas económicas do organismo provincial para os diferentes eventos deberían ser equitativas.

A DELIMITACIÓN DA RUTA DA COSTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO ESTÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA NAS OFICINAS MUNICIPAIS ATA O 3 DE NOVEMBRO E OS INTERESADOS PODEN PRESENTAR ALEGACIÓNS. A ALCALDESA ANÚNCIAO A TRAVÉS DUN BANDO QUE FIXO PÚBLICO HOXE

Lourenzá, 18 de setembro de 2013. A delimitación da Ruta da Costa do Camiño de Santiago está a exposición pública nas oficinas municipais de Lourenzá ata o día 3 de novembro e os interesados poden presentar alegacións. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público hoxe.