Novas

UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 24 AO 27 DESTE MES

Lourenzá, 9 de setembro de 2013. Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará nas instalacións do mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 24 ao 27 deste mes de setembro. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.

O horario de atención será de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas agás o día 27, cando será só pola mañá. Para solicitar cita previa poden facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN INCOA O EXPEDIENTE DE DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO NORTE, RUTA DA COSTA

Santiago, 4 de setembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a incoación do expediente para a delimitación do Camiño de Santiago Norte, Ruta da Costa, ao seu paso por Galicia. O obxectivo desta medida é garantir a mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta xacobea.

RESULTADOS MÁIS DESTACADOS DA POPULAR SUBIDA A STA. CRUZ DESTE PASADO SÁBADO DOS ATLETAS DAS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO

Comunicamos os resultados máis destacados da popular Subida a Sta. Cruz deste pasado sábado dos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo.

PREBX MASCULINO: 2º- Brais Diaz.

PREBX FEMININO: 2ª – Carmen García. 3ª – Iria Rguez.

BX. MASCULINO: 3º- Fernando Vallines

BX. FEMININO: 1ª – Hiba Bouyzar

AV. MASCULINO: 3º - Adnan Itrih

AV. FEMININO: 1ª – Ainara Rguez. 2ª – Ana Vallines

INF. FEMININO: 1ª – Lidia Barreira

CAD. MASCULINO: 1º - Aarón Rivas