Novas

DISPUTOUSE O XV TROFEO CONDE SANTO 2013 CON MOTIVO DAS FESTAS PATRONAIS NA MODALIDADE DE 3 A 1

Onte domingo disputouse o XV Trofeo Conde Santo 2013 con motivo das festas patronais na modalidade de 3 a 1; con ambientazo de gala no Anfiel Cruz.

1º PARTIDO: LOURENZÁ 2, FOZ 0.

Os goles de Montxo e Marquinhos fixeron xusticia ó sucedido nunhos 45 minutos moi entretenidos e nos que o Atleti estivo moi a gusto con momentos de bo fútbol por parte dos dous conxuntos. A pegada dos de Renda propiciaron o 2-0 final.

2º PARTIDO: FOZ 0, MONDOÑEDO 1.

MAÑÁ, SÁBADO 31 DE AGOSTO, CELEBRARASE A VII MOSTRA FOLCLÓRICA NA PRAZA DO CONDE SANTO. COMEZARÁ ÁS 19:00 HORAS, AO REMATE DA SAÍDA DOS COCOS

Mañá, sábado 31 de agosto, celebrarase a VII Mostra Folclórica de Lourenzá na praza do Conde Santo. Comezará ás sete da tarde, ao remate da saída dos Cocos.

Na mostra, organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, actuarán a Escola Municipal Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e a Asociación Cultural Río Miño, de Portomarín.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten realizarase na praza do Conde Santo, pero en caso de choiva trasladarase ao pavillón polideportivo municipal.

FOTO DA EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA, ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LOURENZÁ

Enviamos foto da excursión ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá, na que participaron 52 veciños do municipio. Esta actividade foi para nenos e rapaces, que nalgúns casos foron acompañados por familiares. Tamén houbo dous monitores do Concello, que foron os encargados de coordinar as actividades que se levaron a cabo e que serviron para que os participantes gozaran dunha xornada lúdica e tamén aprenderan normas básicas, para o que se fixo un campamento.

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA FESTAS CONDE SANTO 2013

VENRES, 30 AGOSTO:

18,00 Horas. XVI DÍA DA BICI. Praza Conde Santo

            Organiza a Comisión de Festas do Conde Santo e as Escolas Deportivas Lourenzá.  Colabora na mesma o Concello de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros e  Protección Civil