Novas

DENDE O VENRES ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DA IV VAL DAS FABAS 2013

Dende mañá venres estará aberto o prazo de inscripción da IV Val das Fabas 2013, que este ano pega un salto de calidade en canto a premios e organizacón, posto que terá crono dixital durante todo o circuito. Seguirá desenrolándose no prestixioso circuito urbán e enmarcada dentro do Programa da Festa da Faba (declarada de Interés Turístico) e será o vindeiro sábado 5 de outubro.

 

Destacar:

PREMIOS / VARIOS

- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías.

GRAN COLLEITA DE TROFEOS NA SUBIDA A PIANTÓN

Gran colleita de trofeos e metais da sección de atletismo das Escolas no dia de onte na subida a Piantón (Vegadeo). Destacar a alta participación, sobre todo en categorías menores que tivo a proba asturiana. Resultados máis destacados por categorías:

Pitufos:

Iria Rodríguez – Medalla de prata.

Prebenxamín – Benxamín – Alevín Masculino:

Aleix Díaz – Medalla de prata

Prebenxamín – Benxamín – Alevín Feminino:

Ainara Rodríguez – Medalla de ouro.

Ana Vallines – Medalla de bronce.

Infantil Feminino:

O VINDEIRO XOVES REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A VIAXE AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA ORGANIZADA POLO CONCELLO. QUEDAN POR CUBRIR 10 PRAZAS

Lourenzá, 15 de agosto de 2013. O vindeiro xoves, día 22 de agosto, remata o prazo de inscrición para participar na viaxe ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá para os nenos e nenas maiores de 6 anos e os familiares que queiran acompañalos. A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez, explicou que das 51 prazas que hai quedan por cubrir 10. Os interesados en ocupar algunha delas poden inscribirse nas oficinas municipais en horario de 8:00 a 15:00.

A ALCALDESA PIDE AOS VECIÑOS QUE COLABOREN CO ROUPEIRO MUNICIPAL, DO QUE SE ENCARGA A EDUCADORA FAMILIAR DO CONCELLO, DOLORES VILLASUSO. AS FAMILIAS NECESITADAS RECIBEN PRENDAS DE MANEIRA GRATUÍTA E CONFIDENCIAL

Lourenzá, 15 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, pide aos veciños que colaboren co roupeiro municipal, do que se encarga a educadora familiar do Concello, Dolores Villasuso. As familias necesitadas reciben prendas de maneira gratuíta e confidencial, como explicou a rexedora local.

O roupeiro está nas dependencias do centro de servizos sociais, que se atopan no inmoble coñecido como O Torreón, e tanto para entregar prendas como para recollelas o horario é de 10:00 a 13:00 horas.

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ A CREACIÓN DUNHA ORDENANZA PARA REGULAR A VENDA AMBULANTE E A MODIFICACIÓN Á BAIXA DAS TAXAS QUE PAGAN OS POSTOS DOS MERCADOS

O pleno da corporación municipal de Lourenzá tratará a creación dunha ordenanza para regular a venda ambulante e tamén a modificación das taxas que pagan os postos que se instalan nos mercados para facelas máis económicas e así incrementar o número de vendedores. Explicouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que convocou a sesión plenaria, de carácter ordinario, para este venres día 16 de agosto ás 12:30 horas.