Novas

NOVE ASOCIACIÓNS DE AMAS DE CASA DA PROVINCIA CELEBRARÁN UNHA XUNTANZA NO CONCELLO MAÑÁ, SÁBADO

Lourenzá, 28 de xuño de 2013. Lourenzá acollerá mañá, sábado, unha xuntanza de asociacións de amas de casa da provincia, na que participarán socias de 9 colectivos. As participantes serán recibidas na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane. Despois visitarán o museo de arte sacra e o Centro de Interpretación da Faba para rematar as actividades cun xantar.

O campo municipal de Santa Cruz acollerá partidos de categoría cadete do Torneo de Fútbol Base Costa Nova dende hoxe, venres, ata o domingo

Lourenzá, 28 de xuño de 2013. O campo de fútbol municipal de Santa Cruz, en Lourenzá, acollerá partidos de categoría cadete do torneo Costa Nova dende hoxe, venres, ata o domingo.

No campo de fútbol de Lourenzá o primeiro partido do torneo será hoxe ás sete da tarde co enfrontamento entre o Burela FS e o Textil Escudo B. E ás oito xogarán Asti Leku e Textil Escudo B.

A piscina municipal estará aberta dende o vindeiro luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto

Lourenzá, 27 de xuño de 2013. O vindeiro luns, día 1 de xullo, comeza a tempada na piscina municipal de Lourenzá, que estará aberta ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que tamén deu a coñecer que haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto.