Novas

O Concello organiza campamentos de verán para os meses de xullo, agosto e setembro. O prezo para toda a tempada é de 15 euros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 27 deste mes

Lourenzá, 18 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán, que acollerán a nenos e rapaces de 5 a 16 anos durante os meses de xullo, agosto e setembro ata o inicio do curso escolar. Terán un prezo total, para todo o verán, de 15 euros e o prazo para anotarse rematará o día 27 deste mes de xuño, xoves. Anunciouno hoxe a concelleira delegada de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane.

O Concello e ACIAL convocan por primeira vez un concurso para o cartel da Festa da Faba deste ano, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro. O certame é para nenos e rapaces de ata 16 anos e o prazo para presentar os traballos remata o 20 de xullo

Lourenzá, 17 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá xunto coa asociación de comerciantes, industriais e autónomos do municipio (ACIAL) acaban de convocar un concurso de carteis co gallo da 23ª Festa da Faba, que vai ter lugar a primeira fin de semana de outubro deste ano. É a primeira vez que se organiza un certame para a elaboración do cartel anunciador deste festexo, imaxe que van levar tamén os programas, os dípticos de man e os demais materiais que se utilicen para anunciar o evento. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane.