Novas

A Xunta axudará ao Concello para reparar unha ponte da parroquia de Santo Adrao que corre risco de derrubamento. A alcaldesa abordou este asunto en Santiago coa Conselleira do Medio Rural

Lourenzá, 12 de xuño de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse hoxe en Santiago coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e co secretario xeral Tomás Fernández Couto, para solicitarlles axuda da Xunta para reparar unha ponte da parroquia de Santo Adrao que corre risco de derrubamento. A administración autonómico colaborará co Concello para a execución da obra, segundo anunciou a rexedora municipal, quen tamén falou cos responsables de Medio Rural sobre a creación da cooperativa comercializadora da Faba de Lourenzá.

As actividades conmemorativas do Día do Medio Ambiente no Concello rematarán mañá, martes, coa entrega dos premios do concurso de fotografía e a continuación unha charla a cargo do profesor Miguel Delibes de Castro

Lourenzá, 10 de xuño de 2013. As actividades para conmemorar o Día do Medio Ambiente no concello de Lourenzá rematarán mañá, martes, coa entrega de premios do concurso escolar de fotografía sobre a natureza na Mariña lucense e a continuación unha charla a cargo do profesor Miguel Delibes de Castro. Será ás oito da tarde no salón de actos da Casa do Concello.

Cinco membros das Escolas Deportivas Municipais acadaron medallas no Campionato Galego de Atletismo celebrado hoxe en Vilagarcía de Arousa

Lourenzá, 8 de xuño de 2013. Cinco nenos e nenas membros das escolas deportivas municipais Lourenzá-Mondoñedo acadaron medallas no campionato galego de atlestismo celebrado hoxe en Vilagarcía de Arousa, polo que reciben a felicitación da alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao; do concelleiro de Deportes, Pablo Maseda, e do Concello de Lourenzá.

A Alcaldesa xestionou na Xunta o apoio das Consellerías de Medio Rural e de Traballo para crear unha cooperativa comercializadora de Faba de Lourenzá

Lourenzá, 7 de xuño de 2013. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, mantivo unha reunión en Santiago co director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, e co secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto; para promover a creación en Lourenzá dunha cooperativa que comercialice a faba da Mariña lucense a través da marca Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá.