Novas

Con motivo da Semana do Medio Ambiente este sábado, día 1 de xuño, haberá unha xornada de voluntariado para limpar os ríos Baos e Masma. Os interesados en participar deben apuntarse no Concello

Lourenzá, 27 de maio de 2013. O Concello de Lourenzá organiza unha xornada de voluntariado para a limpeza dos ríos Baos e Masma este sábado, día 1 de xuño, dentro da Semana do Medio Ambiente. Esta actividade conta coas colaboracións da Xunta de Galicia e, a través dela, da obra social Fundación la Caixa, explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen anunciou que o punto de encontro para os participantes será a Praza do Concello ás dez da mañá.

O vicepresidente da asociación “Hijos de Lourenzá” en Bos Aires foi recibido por representantes municipais laurentinos durante a súa primeira visita a España. O Concello mantén vínculos tamén coa Sociedade de Residentes en La Habana

Lourenzá, 24 de maio de 2013. Membros do goberno municipal de Lourenzá, entre os que estaban a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e o concelleiro e ex rexedor municipal, Vidal Martínez-Sierra López, ofreceron unha recepción na Casa do Concello ao vicepresidente da asociación Hijos de Lourenzá en Bos Aires, Alejandro Lastra Fernández, e á súa esposa, que están de viaxe en España por primeira vez.

Os sistemas eléctrico, informático e de telecomunicacións das dependencias municipais están sendo reformados para reducir custos e mellorar a produtividade dos traballadores do Concello

Lourenzá, 23 de maio de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, deu a coñecer hoxe as obras de reforma que se están levando a cabo nos sistemas eléctrico, informático e de telecomunicacións das dependencias municipais para reducir custos e mellorar a produtividade dos traballadores do Concello.