Novas

ESTA SEMANA SANTA EN LOURENZÁ HABERÁ O FESTIVAL VILOU SPRING, O XV TORNEO DE BASKET FEMININO E A OITAVA CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS.

Lourenzá, 31 de marzo de 2023. Esta Semana Santa en Lourenzá haberá o Vilou Spring Fest, no que actuarán a orquestra Panorama e Grupo Beatriz; a oitava concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos e o XV torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se recupera despois de non celebrarse durante a pandemia. Os tres eventos empezarán o día 6 de abril, Xoves Santo, e foron presentados conxuntamente nun acto que contou coa participación da alcaldesa, Rocío López, e representantes das organizacións das tres actividades.

ESTE SÁBADO, 1 DE ABRIL, PRESÉNTASE EN SANTO ADRAO UN LIBRO DE RAMÓN NICOLÁS SOBRE DEL RIEGO E PROXECTARASE O AUDIOVISUAL DON PACO VOLVE A LOURENZÁ

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.

Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.