Novas

OITO OBRAS FORON SELECCIONADAS PARA PARTICIPAR NO PRIMEIRO CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ. REPRESENTARÁNSE OS CATRO FINS DE SEMANA DE NOVEMBRO

Oito obras foron seleccionadas para participar no primeiro certame de teatro Concello de Lourenzá. Representaranse os catro fins de semana do vindeiro mes de novembro.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “as obras e grupos teatrais seleccionadas para participar no I Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá son as seguintes por orde de actuación:

4 de novembro.- A miña muller volveu, da Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz.