El Ayuntamiento donará las dietas del pleno ordinario, previsto para el 15 de febrero, y la recaudación del partido de fútbol que disputarán el Lourenzá y el Foz el próximo domingo a Sandra Llopis

Lourenzá, 29 de xaneiro de 2013. O Concello de Lourenzá solidarízase coa ribadense Sandra Llopis, que sigue a recadar fondos para realizar o transplante de córnea que precisa no Centro de Oftalmoloxía Barraquer. Nas últimas horas a alcaldesa, Emma Álvarez, o concelleiro de Deportes e presidente das Escolas Deportivas, Pablo Maseda, e o secretario das Escolas Deportivas, Rubén García, mantiveron un encontro con Sandra Llopis e a súa familia para coñecer de preto o seu caso.

A rexedora explicou que “tendo en conta as raíces laurentinas de Sandra Llopis, que aínda que naceu en Barcelona pasou a súa infancia na parroquia de San Adriano, de onde é nativa a súa nai, parecéunos oportuno colaborar na recadación dos cartos que precisa para realizar esa operación. Sandra padece unha enfermidade pouco coñecida e precisa dun transplante de córnea de titanio, xa que debido á falla de iris que sofre, non é posible un transplante humano. Para poder levar unha vida na que se defenda por sí mesma precisa desta intervención, que se levará adiante nunha clínica privada en Barcelona ao non existiren especialistas na seguridade social que poidan afrontar un caso destas características. Cando lle descubriron a enfermidade a Sandra Llopis, só había detectados 5 casos en toda España”. O custe da operación ascende a 9.222 euros, segundo a documentación que Sandra Llopis lle presentou á alcaldesa de Lourenzá. “Son xa 10 as intervencións ás que se someteu e todas elas, agás a última na que lle recolocaron dous implantes, foron sufragadas por ela e polo seu marido. Agora él leva máis dun ano no paro e a súa situación económica pola que atravesa esta familia é delicada, non poden afrontar os custes deste transplante de córnea que precisa de xeito urxente, e por iso recorren á solidaridade da sociedade”, indicou Emma Álvarez.

Desde as Escolas Deportivas de Lourenzá donaráse a caixa do encontro de primeira autonómica que se disputará o vindeiro domingo, 3 de febreiro, no campo de fútbol local e no que se enfrentarán o Lourenzá e o Foz. Emma Álvarez sinalou que “o prezo das entradas é de 5 euros. Todo o recadado será para axudarlle a Sandra Llopis. Ademáis os socios, que non pagan entrada habitualmente, poderán facer os donativos que consideren no propio campo de fútbol. E os que non poidan acudir ao encontro e queiran colaborar poderán facelo a través da fila cero facendo as súas aportacións no número de conta 2048-0191-63-3004001856 de Cajastur en Ribadeo”. Os donativos serán recollidos ata o vindeiro 15 de febreiro. Ese día haberá un pleno ordinario da Corporación Municipal de Lourenzá, “e tras falar cos portavoces dos tres grupos municipais donaráse a esta causa o importe das dietas dos 11 concelleiros, cantidade que ascende a 770 euros”, seguiu a relatar a alcaldesa de Lourenzá.

Emma Álvarez anima “a todas as persoas que de xeito voluntario e solidario poidan axudar a esta rapaza, Sandra Llopis, que durante anos foi veciña de Lourenzá. Ela ten a mala sorte de padecer unha enfermidade pouco coñecida e cun tratamento moi costoso”.