El Ayuntamiento y ACIAL convocan por primera vez un concurso para el cartel de la Festa da Faba de este año, que se celebrará los días 5 y 6 de octubre. El certamen es para chicos de hasta 16 años y el plazo para presentar trabajos termina el 20 de julio

Lourenzá, 17 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá xunto coa asociación de comerciantes, industriais e autónomos do municipio (ACIAL) acaban de convocar un concurso de carteis co gallo da 23ª Festa da Faba, que vai ter lugar a primeira fin de semana de outubro deste ano. É a primeira vez que se organiza un certame para a elaboración do cartel anunciador deste festexo, imaxe que van levar tamén os programas, os dípticos de man e os demais materiais que se utilicen para anunciar o evento. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane.

“É un concurso de carácter infantil e xuvenil aberto a nenos e rapaces de ata 16 anos, que poden participar presentado os seus traballos nas oficinas municipais persoalmente ou a través de distintos medios (mensaxería ou correo postal) ata o 20 de xullo. Todos os traballos que se presenten deberán ir non só en formato dixital, se así o desexan os participantes, senón que deben ir obrigatoriamente impresos en formato cartolina tamaño A4. E todos eles deben reflectir nalgún dos espazos do cartel a lenda XXIII Festa da Faba así como Lourenzá 5 e 6 de outubro, que son as datas escollidas para a celebración da festa neste ano”, explicou a edil de Cultura.

Lupe Flórez engadiu que “é un concurso aberto á infancia e á xuventude non só de Lourenzá, senón a todos aqueles que queiran participar. Para dalo a coñecer vimos de colgar as bases na web do Concello e, por outra banda, foron remitidas a todos os centros educativos da Mariña por se fora do seu interese difundilas entre o seu alumnado”.

En canto ao premio a concelleira de Cultura comentou que “vai ser un obsequio representativo da Festa da Faba e, por outra banda, a colaboración da ACIAL será precisamente na outra parte do premio deste concurso, xa que está dotado cun vale de 50 euros para gastar nos establecementos adheridos á asociación de comerciantes laurentina”.