El presidente de Augas de Galicia le comunicó hoy a la alcaldesa que este ente autonómico arreglará el puente del Camino A, en Sendín, cuando baje el caudal del río Batán

Lourenzá, 1 de marzo de 2013. Na mañá de hoxe o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, comunicoulle á alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, que os técnicos dese departamento autonómico están pendentes de que baixe o caudal no río Batán ao seu paso por Sendín para poder acometer as obras de arranxo da ponte que atravesa a estrada coñecida como Camiño A. Ese vial resultou danado como consecuencia dos temporais de choiva que houbo no pasado mes de xaneiro.

Emma Álvarez lembrou respecto ao Camiño A que “levamos anos esperando a que a Deputación de Lugo por fin firme o traspaso de estradas, que foi aprobado en pleno do Concello de Lourenzá xa no ano 2005, que tamén foi acordado este traspaso en febreiro do 2006 pola Deputación de Lugo e, máis recentemente, o 30 de outubro. A pesar disto o 10 de xaneiro aínda non tíñamos noticias de como estaba o tema e eu mesma por escrito lle comuniquei ao señor Martínez (o delegado de Vías e Obras) que nos ofrecíamos a firmar o convenio que el mesmo me facilitara e que estaba preparado e redactado dende o ano 2006”.

A rexedora municipal engadiu que Deputación Provincial aínda non contestou ao Concello de Lourenzá e “por ese motivo hoxe mesmo pedimos por escrito ao presidente da Deputación de Lugo que nos explique como evolucionou o expediente dende o día 30 de outubro para saber en que situación se atopa e para poder regularizar este tema dunha vez por todas”.