Festas Conde Santo 2010

Ver Cartel Festas Conde Santo 2010Dende o Concello de Lourenzá queremos informar de que o vindeiro venres 27 de agosto terá lugar, por terceiro ano consecutivo, a recreación de “A LENDA DO CONDE SANTO”, evento que pretende ensalzar a figura histórica do Conde Santo e no que a cea de corte medieval que terá lugar no marco incomparable dos claustros do Mosteiro San Salvador, así como a Recreación da Lenda, son os seus eixes principais.

Ver Programa Festas Conde Santo 2010A partir do martes 17 de agosto todos aqueles que queiran participar na mesma poderán adquirir as tarxetas nas oficinas do Concello de Lourenzá (en horario de mañá, de 9:00 a 13:30) e na Casa da Xuventude (en horario de tarde, de 16:30 a 19:00). O prezo do menú será de 25 euros por persoa e ofrecerase un servizo de ludoteca de forma gratuita para aqueles menores que acompañen aos adultos asistentes á cea.

Dende a organización animamos aos asistentes a participar da mesma con vestimentas de época, para elo a organización ofrece a posibilidade de alugar os traxes (para nenos e adultos) nas instalacións da casa da Xuventude en horario de tarde.

Para máis información, poden chamar ao teléfono 982 12 15 52.