Ingenieros de Augas de Galicia visitaron el puente sobre el río Batán en el Camiño A y harán un informe para su arreglo. Mientras, uno de los quedará cortado al tráfico y en el otro seguirá prohibido el paso a vehículos de más de 8 toneladas

Lourenzá, 8 de febreiro de 2013. Técnicos do ente autonómico Augas de Galicia visitaron esta mañá o municipio de Lourenzá para ver o estado no que se atopa a ponte sobre o río Batán na estrada coñecida como Camiño A, concretamente no lugar de Sendín, pertencente á parroquia de San Xorxe. Mentres elaboran un informe sobre os arranxos que precisa a ponte danada polo temporal do pasado mes de xaneiro un dos carrís do vial quedará cortado ao tráfico e polo outro seguirá prohibido o paso para vehículos de máis de 8 toneladas.

Os técnicos de Augas de Galicia visitaron a zona acompañados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “a pesar de que a Deputación de Lugo e o Concello de Lourenzá están en trámites para asinar o convenio de transferencia do Camiño A, dende o Concello seguímonos preocupando por este vial e a raíz de que as riadas do 19 de xaneiro se levaran un tubo dos que están colocados por abaixo da estrada intentamos a través de Augas de Galicia buscar unha solución. Por iso hoxe estiveron aquí os enxeñeiros de Camiños do Servizo de Vixilancia, Mantemento e Conservación de Ríos de Augas de Galicia para ver in situ como está esta ponte sobre o río Batán e para informarnos do que deberíamos facer a fin de preservar a seguridade dos usuarios do vial e tamén para que sirva de base á colaboración que se poida levar a cabo entre Augas de Galicia e o Concello para o seu arranxo".

“Dixéronnos que a loseta colocada polo Concello está ben construída e grazas a esa obra evitouse que as últimas riadas levaran a ponte, que agora aguanta perfectamente, pero o risco está en que a auga siga comendo espazo por debaixo e poda verse danada. Polo tanto temos que cortar un carril da estrada, aínda que xa está prohibido o paso para vehículos de máis de 8 toneladas, mentres se localiza o foco do problema e se busca unha solución, para o que os enxeñeiros de Augas de Galicia van facer un informe”, comentou Emma Álvarez despois da visita dos técnicos.