La Alcaldesa firmó hoy en Santiago un convenio con el Conselleiro de Medio Ambiente para que la Xunta arregle la Avenida de Soutelo con una inversión de 60.500 euros

Lourenzá, 23 de abril de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asinou hoxe en Santiago de Compostela un convenio co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que este departamento da Xunta arranxe a avenida de Soutelo cun investimento de 60.500 euros.

A rexedora municipal explicou que “no día de hoxe vimos de asinar un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lourenzá para mellora a avenida de Soutelo, que é o acceso ao colexio público Juan Rey, ao polideportivo, ao Punto de Atención á Infancia, a Casa da Xuventude e aos núcleos de Soutelo e Alaxe dende a estrada LU-122”.

“Este convenio asineino co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, polo cal a Xunta de Galicia comprométese a elaborar e aprobar o documento técnico que contempla as obras de mellora nesta rúa e a licitar, dirixir e financiar as obras obxecto deste convenio achegando así un máximo de 60.500 euros IVE engadido con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas” engadiu Emma Álvarez, quen tamén manifestou que deste xeito “o conselleiro mostra a súa celeridade e a sensibilidade que ten con Lourenzá, sobre todo con este vial, do cal recentemente, nos mes de febreiro, lle daba a coñecer as carencias que ten e os arranxos que necesitábamos. Polo tanto, unha vez máis, a Xunta de Galicia cumpre co Concello de Lourenzá e en breve será unha realidade o arranxo deste vial”.