La Casa de la Cultura acoge mañana la representación de la obra teatral de la compañía del Taller de Memoria

Lourenzá, 01 de decembro de 2012. A compañía teatral formada por membros do taller de memoria do Concello de Lourenzá representará a obra titulada Cursiño antimachista mañá, domingo, ás seis e media da tarde no salón de actos da casa da cultura. Forma parte dos circuítos teatrais que organiza o departamento municipal de Cultura.

A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que esta obra teatral “xurdiu como unha actividade innovadora no taller de memoria xa no pasado mandato. Cando a actual alcaldesa era a concelleira de Servizos Sociais propuxérase como unha actividade nova a realización dunha obra de teatro por parte dos alumnos e tamén está como actriz na obra a monitora do propio taller”.

Lupe Flórez lembrou que esta obra teatral “estivérona ensaiando un ano enteiro, representárona en xuño como festa de fin de curso do taller de memoria e daquela eu propuxéralles incluíla no ciclo de teatro do Concello porque é moi divertida e fano moi ben”.

O autor da obra é Pepe Peinó que “estivo na maior parte dos ensaios e colabora como apuntador”, explicou a concelleira de Cultura, quen agradeceu “o esforzo que supón para os participantes porque son persoas maiores, incluso hai unha de 86 anos”.