La Casa do Concello acogerá este jueves una charla informativa sobre el área sanitaria integrada a cargo del gerente del Hospital da Costa, Francisco Soriano

Lourenzá, 15 de abril de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este xoves, día 18 de abril, ás oito da tarde unha charla informativa sobre a área de xestión integrada na sanidade, que correrá a cargo do xerente do Hospital da Costa, Francisco Soriano Paredes.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou este acto programado polo Concello, que “organiza unha charla mensual e dende novembro do ano pasado tivemos varias: sobre produción de castaña, sobre a Lei de Montes, sobre urbanismo, sobre reciclaxe”. E lembrou que “precisamente cando fixemos a última charla démoslles a opción aos cidadáns de que pediran conferencias que consideraran de interese e un grupo de veciños puxéronse en contacto comigo para que dende o Concello se organizara unha charla apolítica e neutral para explicar que é a área de xestión integrada”.

A rexedora municipal agradece ao xerente do Hospital da Costa que se desprace ata Lourenzá “para falar deste tema ante os veciños”.