La Concejalía de Educación y Cultura promueve la creación de un grupo de teatro infantil y juvenil. El plazo para apuntarse finaliza a finales de este mes

Lourenzá, 19 de decembro de 2012. A Concellería de Educación e Cultura promove a creación dun grupo de teatro infantil e xuvenil que empezará a ensaiar no vindeiro ano 2013. Poderán participar nenos e rapaces maiores de 7 anos que deberán apuntarse na biblioteca municipal antes de que remate este mes.

A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, explicou que se trata de “poñer en marcha de cara ao ano 2013 un novo proxecto, consistente na creación dun grupo de teatro infantil e xuvenil, para o cal estamos poñendo a disposición de todos aqueles que queiran apuntarse, nenos e rapaces a partir de 7 anos, un listado que vai estar situado na biblioteca onde temos a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está aberta de 5 a 8 da tarde, e todos aqueles interesados poden pasarse ata o remate do mes de decembro coa intención de elaborar unha lista para formar un grupo, empezar os ensaios e adaptar unha obra teatral conforme ao número de xente coa que contemos”.

Lupe Flórez destacou que “o teatro en Lourenzá gusta moito, sobre todo o de carácter popular, visto a asistencia ás representacións que tivemos no ciclo teatral do mes de novembro, e pensamos que enganchar á xente dende pequenos pode dar resultado de cara a formar un grupo teatral máis ou menos estable e continuo no tempo”.