La exposición de la Xunta sobre el cooperativismo que estuvo en los locales de la lonja hortoflorícola recibió unas 200 visitas. Los alumnos de un curso de albañilería y riesgos laborales estuvieron en la muestra

Lourenzá, 1 de xuño de 2013. A exposición sobre cooperativismo que tivo instalada a Xunta de Galicia nos locais da lonxa hortoflorícola de Lourenzá recibiu unhas 200 visitas, entre elas a dos alumnos dun curso de albanelería e riscos laborais impartido a finais do ano pasado, que ademais recibiron os diplomas por participar nesa actividade formativa.

Os alumnos do curso, acompañados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, o técnico de emprego do Concello e algún dos mestres que impartiron as horas de docencia aproveitaron o acto da entrega de diplomas para visitar a exposición Descubre as Cooperativas, que a rede Eusumo e a Xunta de Galicia mostrou nos locais da lonxa municipal. A guía da mostra foi Loli Torres González.

A rexedora municipal explicou que “ademais deste grupo de persoas que fixeron unha visita guiada, a exposición, que foi clausurada onte, venres, ás dez da noite, foi vista por preto de 200 persoas, ben a título individual ou como pertencentes a algún colectivo como por exemplo os alumnos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP local, os estudantes dos ciclos de FP que se cursan en Mondoñedo ou os participantes no obradoiro de emprego Terras do Masma para os concellos de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros”.

Emma Álvarez comentou tamén que “o último grupo que estivo na lonxa para ver a mostra foi un conxunto de fabeiros que, tras ser invitados polo Concello, visitaron onte venres ás nove da noite esta exposición que os achegou ao mundo do cooperativismo. Esta pode ser unha das vías que ten este colectivo para sacar maior rendemento económico a súa produción, xa que na unión está a forza e se conseguen xuntarse para vender o seu produto, de recoñecido prestixio como é a Faba de Lourenzá, serán máis fortes no mercado e con iso estarán en mellores condicións á hora de negociar os seus prezos, aproveitando o esforzo conxunto e sumando sinerxias”.