La Oficina Municipal de Rehabilitación y el Punto de Información Catastral están desde hoy en la Casa do Concello

Lourenzá, 19 de xuño de 2013. A Casa do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe as dependencias da Oficina Municipal de Rehabilitación e do Punto de Información Catastral, polo que agora teñen o número de teléfono 982.12.10.06.

A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, lembrou que “en días pasados falábamos de que estábamos facendo traballos de reorganización eléctrica, do sistema de telecomunicacións e da rede informática local interna dentro da Casa do Concello e hoxe podo dicir que remataron parte dos traballos, concretamente os que consistían en trasladar a estas oficinas centrais as instalacións da Oficina Municipal de Rehabilitación e tamén o Punto de Información Catastral”.

A rexedora municipal explicou que os obxectivos desta reforma son “achegarnos máis aos cidadáns e concentrar toda a información nun só edificio. Dende as oito da mañá de hoxe a Oficina de Rehabilitación e o Punto de Información Catastral están xa na casa consistorial e o horario é de 8 a 15 horas”.

“Estas actuacións estámolas levando a cabo con fondos propios, preto de 8.000 euros para mellorar o sistema de telecomunicacións e informática; e maiores o mobiliario, que aproveitamos para facelo con alumnos que fixeron as prácticas dos cursos de carpintería. O resto de reformas, que foron moi poucas (pintado e arranxo de balcóns), fixémolas con persoal municipal”, engadiu Emma Álvarez.