Las actividades de Navidad programadas por el Ayuntamiento empiezan con talleres para los niños. El plazo para apuntarse está abierto hasta el jueves día 20

Lourenzá, 15 de decembro de 2012. A Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Lourenzá abriu onte, venres, o prazo para anotarse nos Obradoiros de Nadal que se van a desenvolver nas próximas vacacións escolares.”Este prazo de inscrición ten como obxectivo repartir por idades aos nenos/as participantes para adaptar as actividades ás diferentes idades que poidan confluír”, explicou a concelleira Lupe Flórez.

As prazas son limitadas e asignaranse en función da orde de anotación. O prazo para apuntarse remata o vindeiro xoves, 20 de decembro. O lugar para informarse ou anotarse é a OMIX (Oficina de Información Xuvenil), que tén a súa sede nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou, en horario de 17 a 20 horas.

Lupe Flórez comentou que “as actividades pretenden ser o máis variadas posibles e incluirán obradoiros de Nadal (para elaborar obxectos decorativos, postais e outros artículos propios destas datas), de bisutería e complementos (broches, pulseras...), playbacks e coreografías, campionatos de xogos de mesa, futbolín, pin-pon... co obxectivo de que o periodo vacacional dos máis pequenos do concello sexa o máis entretido e lúdico posible”.

A concelleira de Educación e Cultura anunciou que “esta é a primeira das actividades organizadas para este Nadal polo Concello de Lourenzá e a programación total será presentada a comezos da semana entrante, posto que está prácticamente perfilada”.