Los alumnos del taller de memoria participaron en la fiesta de navidad en la que hubo regalos, chocolatada y villancicos

Lourenzá, 19 de decembro de 2012. 42 alumnos do taller de memoria do Concello de Lourenzá participaron na festa de Nadal celebrada onte, martes.

No festexo os asistentes repartiron regalos entre eles co sistema do amigo invisible, tomaron chocolatada con roscón, brindaron cunha copa de sidra e cantaron panxoliñas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, e a concelleira de Educación, Cultura e Turismo, Lupe Flórez Seivane.

A rexedora municipal comentou que estivo “encantada de velos a todos tan unidos e con boa harmonía entre os tres grupos que hai. Eu cando sexa maior quero ir a taller de memoria porque é moi divertido”. Tamén salientou que “aos participantes fixéronlles moita ilusión os regalos e as dedicatorias que levaban”.