O GRUPO DE ACORDEÓNS DE VIVEIRO ACTUARÁ NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO O DÍA 14 DESTE MES. DOUS DOS SEUS COMPOÑENTES SON LAURENTINOS: ÁNGELES CUADRADO E LINO RICO

Lourenzá, 6 de xullo de 2013. O grupo de acordeóns de Viveiro actuará no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá o día 14 deste mes de xullo, domingo, ás oito e media da tarde. Dous compoñentes desta formación musical, Ángeles Cuadrado e Lino Rico, son laurentinos.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, explicou que o grupo de acordeóns de Viveiro “está composto por 5 persoas entre as que está Lino Rico, que é profesor do Conservatorio de Viveiro. Naceu no concello de Lourenzá e ven dunha familia de tradición musical, que desde distintas xeracións tocan o acordeón. Na década dos 80 foi profesor de música aquí, no noso concello, e algunha das súas discípulas daquela época, como a laurentina Ángeles Cuadrado, tamén tocará neste concerto do vindeiro día 14”.