Ocho niños resultaron premiados en el Certamen de Poesía de Navidad organizado por la Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”

Lourenzá, 15 de xaneiro de 2014. Oito nenos e nenas resultaron premiados no certame de poesía da Nadal organizado pola biblioteca pública municipal “Juana de Ibarbourou”, de Lourenzá. Un dos galardóns quedou deserto.

Os gañadores foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Lupe Flórez, como presidenta do xurado, quen explicou que “os traballos clasificados nesta fase local tomarán parte na convocatoria provincial do certame e dende a Concellería de Cultura felicitámolos e desexámoslles sorte nesta nova fase”.

Lupe Flórez tamén explicou que a data para a entrega de diplomas e agasallos aos agraciados está pendente de confirmar, pero a previsión é que se celebre nos vindeiros días, antes de que remate este mes.

 

GAÑADORES CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2012

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Safae Tazagart

2º premio - Jerom Moirón Trigo

3º premio - Raúl Santón Iglesias

 

Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Antía Lillo Irimia

2º premio - Javier Álvarez Méndez

3º premio - Iria Pardo Pendás

 

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - lyass Khaled

2º premio - Zohra Itrih

3º premio - O terceiro premio desta Categoría queda deserto, ao non presentarse máis que os dous traballos seleccionados