60 PERSOAS PARTICIPARON NA MERENDA SOLIDARIA CELEBRADA NO TORREÓN DOS FRADES CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

Unhas sesenta persoas participaron na merenda solidaria celebrada no Torreón dos Frades na tarde de onte con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama.

Nesta iniciativa organizada pola Concellería de Servizos Sociais participou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, quen hoxe explicou que “os asistentes compartiron unha merenda con chocolate e mantecadas. Ó longo deste acto a xente fixo os seus donativos na hucha rosa de loita contra o cancro. Os fondos recadados ascenden a un total de 500 euros, que o Concello ingresará na conta da Asociación Española Contra o Cancro”.

A rexedora municipal agradece “a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que doou as mantecadas para este acto, e a sensibilización dos cidadáns a prol desta causa” e móstrase “contenta de que este acto tivese tanta acollida. É moi gratificante ver que e a xente se implique en causas coma esta e amose así o seu apoio con todas as vítimas que están a sufrir esta dura enfermidade”.

Rocío López tamén comentou que “no transcurso da merenda intercambiáronse moitas experiencias. Houbo un relato dunha muller que padece cancro de mama e contou a súa historia; destacou a importancia de ser positivos e de tratar o cancro con naturalidade posto que non é mais que unha enfermidade máis”.

Dende a xornada de onte dende o balcón da casa consistorial de Lourenzá pendura unha gran pancarta cun lazo rosa e un lema que di Todos somos rosa. Esta pancarta permanecerá no balcón ó longo deste mes en homenaxe a todas as persoas que están a sufrir algún tipo de cancro.