8 elexidos para a gloria!!! Cto. Galego Cadete e Xuvenil de Atletismo!!! Ferrol(A Malata). Domingo 4 xuño

8 atletas do Maderas Barcia Lourenzá representarannos o vindeiro domingo nas pistas de A Malata(Ferrol) no Campionato Autonómico ó Aire Libre

Os elexidos:

Ainhoa López. Estará nos 100 valados e no triple salto. En 100 parte coa 12ª mellor marca e en triple coa 17ª.

Ainara Rguez. Representaranos no 100 lisos na que estará coa 7ª mellor marca da temporada e nos 300 lisos coa 3ª mellor marca do ano.

Ana Vallines. Parte coa 13ª marca en 1000 lisos e tamén está clasificada para o salto de altura coa 6ª mellor marca.

María Vallines. Parte para o lanzamento de martelo coa 8ª marca do ránking.

Aleix Díaz. Estará nos 100 lisos coa 10ª mellor marca en parrilla e en 300 lisos no que está de 4º do ránking.

Claudia Graña. Nos 100 valados parte de 14ª mellor marca e no triple salto de 16ª.

Lidia Barreira. El altura está de 4ª e en triple intentará sorprender aínda que arranca coa 8ª marca do ano.

Diego Fdez(vinculado Xove). Nos 100 valados estará coa 9ª marca do ano e nos 300 está de 5º.

 

8 elexidos para a gloria!!! Cto. Galego Cadete e Xuvenil de Atletismo!!! Ferrol(A Malata). Domingo 4 xuño