Ainara Rodríguez Ares, RUMBO A ANTEQUERA!!! Cto. De España Cadete de Pista Cuberta!!!

Ainara acaba de ser confirmada na súa participación nos 1000 metros lisos. Na madrugada de hoxe parte con rumbo a Antequera (Málaga) para participar no Cto. de España de 1000 metros lisos de pista cuberta o vindeiro sábado día 18 de marzo ás 17:45 horas.

Competirán 36 atletas en 3 series de 12 no que Ainara parte coa 16ª mellor marca de toda a temporada.

As Escolas Lourenzá volven a ter presencia nun cto. nacional de atletismo 11 anos despois, xa que a última vez que estivemos foi no mes de marzo de 2006 con Laura Campos competindo nos 400 valados en San Sebastián na categoría xuvenil onde acadaría o subcampionato.

Ainara Rguez. chega nun bo momento da temporada e parte coa intención de loitar para intentar meterse na gran final que será o domingo, a pesar de ser de primeiro ano e de ser a súa primeira experiencia nun campionato nacional.

A actividade do fin de semana non remata aquí, posto que o sábado estaremos no cto. galego de menores en Riazor e o domingo participaremos tamén na Popular de As Pontes.

Ainara Rodríguez Ares, RUMBO A ANTEQUERA!!! Cto. De España Cadete de Pista Cuberta!!!